BD Banda presenta dúas exposicións didácticas

Céntranse na linguaxe da novena arte e nas Cantigas de Santa María como banda deseñada

Imaxe de <i>As Cantigas de Santa María. Arte BDieval</i>
Imaxe de As Cantigas de Santa María. Arte BDieval
A escola de banda deseñada O Garaxe Hermético acollía onte en Pontevedra a presentación de dúas iniciativas didácticas que BD Banda propón para os centros de ensino galegos. A primeira delas, As bases das banda é a reedición dunha exposición que xa lanzara este colectivo hai anos e que desta volta lánzase de xeito conxunto co Garaxe Hermético, que a integra nas súas actividades formativas para centros de ensino. A segunda mostra, As Cantigas de Santa María. Arte BDieval, amosa como esta obra da literatura galego-portuguesa debe considerase como unha auténtica narración gráfica.

A exposición sobre as Cantigas está editada, en portugués, sae en colaboración coa Associaçom Galega da Língua, que se encargará da súa distribución. A mostra poderá verse íntegra no vindeiro Culturgal e, posteriormente e nunha versión reducida en O Garaxe Hermético.

As dúas exposicións ofértanse en alugueiro acompañadas de cadansúa guia didáctica na que se completan os contidos achegados e propóñense actividades para os centros de ensino.
Folleto de presentación de As Cantigas de Santa María. Arte BDieval.
Folleto de presentación de As bases da banda.