Desde moi novo dedicouse ao mundo da ilustración, debuxando para diversas editoriais galegas. Ten colaborado con publicacións como "Tempos", "Cielo Negro" ou "BD Banda". Traballou regularmente na revista "Golfiño" guionizando e deseñando a serie "Tom". Na súa faceta de deseñador, é o responsábel das campañas publicitarias de centros comerciais en toda Galicia.
Palmarés
1º Premio no Salón do Cómic de Vigo coa obra "Abrir Vigo ao mar". Foi o autor do deseño do cartel do Entroido Vigo 2001. 2º premio no XI Concurso Galego de Banda Deseñada Xuventude 95 por "O asasino chamábase Roger". 2º premio no XII Concurso Galego de BD (1996) por "A dous centímetros".