Unha selección de 25 fotografÃas que resultaron galardoadas nas primeiras edicións do Certame Imaxes do Patrimonio que convoca iniciativa educativa transfronteiriza Ponte... nas ondas! son a base da publicación dixital Memoria e Patrimonio.
O proxecto, que acaba de ver a luz, recolle estas imaxes e acompáñaas de textos interpretativos do propio alumnado e de audios a recoller esa información. Canda a isto achéganse actividades interactivas e, en cada caso, unha banda deseñada dunha páxina de Andrés Meixide a interpretar a imaxe.
O volume, de 31 páxinas está dispoñible en formato pdf para a súa descarga ademais e no formato interactivo no web de Ponte... nas ondas! No seu interior pódense atopar mostras do patrimonio inmaterial galego-portugués tiradas dos álbums familiares do alumnado dos centros de ensino integrados nesta iniciativa. Festas, bailes, xogos, traballos, imaxes do cotián ou mesmo fotografÃas de enterros pódense atopar neste traballo. A publicación desenvolveuse co apoio do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.