A tradución ao castelán con ilustracións de Xan López DomÃnguez do libro de poemas Poemar o mar (Eds. Xerais, 2017) que no ano 2017 deulle ao vigués Antonio GarcÃa Teijeiro o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil ven de ser agora na edición de Anaya (2018), unha das vinte obras gañadoras dos premios internacionais que concede a Fundación Cuatrogatos a obras en español. Entre esas vinte gañadoras de varios paÃses estivo tamén o libro La huerta de Simón da bonaerense RocÃo Alejandro, que publicado en 2017 pola editorial pontevedresa Kalandraka Editora tras ter vencido ese ano o Premio Compostela de álbum ilustrado. Ademais entre os finalistas tamén está outro libro da editorial Kalandraka, El rÃo que se secaba los jueves (y otros cuentos imposibles) do escritor ourensán Victor González. A Fundación Cuatrogatos é unha organización sen fins de lucro creada en Miami para traballar pola cultura e a educación. Entre os seus principais obxectivos están a investigación e estudio da produción editorial infantil e xuvenil en español. O comité que escolle os premios está integrado por un equipo de profesionais de formación multidisciplinar, filoloxÃa, educación, xornalismo, socioloxÃa, biblioteconomÃa, teatro, artes plásticas... Este ano tiveron que considerar arredor de 1 500 libros de 175 editoriais de 19 paÃses.
Ademais da lista de premiados e finalistas a Fundacion Cuatrogatos inclúe unha selección de cen obras a recomendadas de entre todas as presentadas. Nese exclusivo listado tamén hai sitio para outras obras e autores do nosos sistema editorial como é o caso de Ledicia Costas. As traducións dos libros da autora viguesa O corazón de Xúpiter (Xerais, 2012) e A Señorita Bubble (Eds. Xerais, 2017), con ilustracións de Andrés Meixide, conseguen poñer o nome na lista por dupla partida. Entrán tamén na lista Pinto & Chinto con Las estrambóticas aventuras del barón de Münchhausen da coruñesa Editorial Bululú; Alberto Vázquez coloca El HematocrÃtico (Anaya, 2017) e o ilustrador pontevedrés VÃctor Rivas tamén esta presente polo libro Apestoso tÃo Muffin (Pedro Mañas, Anaya). Con este recoñecemento desde a Fundación Cuatrogatos busca contribuÃr a que as obras "cheguen ao maior número posible de fogares, escolas, bibliotecas e outros espazos onde se propicie o encontro dos novos lectores con obras da maior calidade", segundo argumentan.