A Fundación Cuatrogatos recoñece o traballo de Kalandraka

Mundinovi, de Juan Carlos Martín, mereceu un dos premios da entidade

30/1/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O Premio da Fundación Cuatrogatos, que recoñece cada ano vinte obras para lectores novos no ámbito editorial hispanoamericano, conta nesta ocasión con presenza galega. O libro de poemas Mundinovi, con texto de Juan Carlos Martín e ilustracións de Federico Delicado é o único traballo dunha editora do país presente nesta selección internacional. Ademais, entre os finalistas aos galadróns, aparece tamén o poemario En la cuna del mar de Antonio García Teijeiro con ilustración de Xosé Cobas, que publicou a firma viguesa Creotz Ediciones. Para alén dos premios, Kalandraka ten tamén cinco obras na listaxe de 90 recomendacións que fai esta entidade. A Fundación Catrogatos, con sede en Florida, naceu da man dos escritores Sergio Andricaín e Antonio Orlando Rodríguez coa intención de investigar a produción editorial en Español no campo da literatura infantil e xuvenil.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Kalandraka, Fundación Cuatrogatos, Antonio García Teijeiro, Poemas...