Edicións Xerais de Galicia ven de facer pública a composición dos xurados que fallarán os tres importantes premios literarios que convocan este ano, así como as datas do proceso. En total 92 obras compiten este ano entre as tres modalidades premiadas, o mesmo número que o pasado anos pero con diferencias na distribución entre as tres convocatorias, aumentando nesta edición o número de obras que optan ao XXXVI Premio Xerais de Novela, ata os 44 orixinais en pequeno detrimento das outras dúas categorías, o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil (20) e o Premio Merlín de Literatura Infantil (28). Os xurados declararán as obras finalistas na súa primeira reunión, que se celebrará o venres 31 de maio e os tres galardóns fallaranse o sábado 7 de xuño. Como o pasado ano a festa de entrega dos galardóns terá lugar no mes de outubro coincidindo coa aparición dos libros editados das obras gañadoras.
O xurado da XXXVI edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 10.000 euros e no que concorren 44 obras, está formado por: Ana Belén Moreda (profesora), Carlos Feijoo (avogado), Helena Torres (xestora cultural), Nuria Vil (poeta), Ana Abelenda (xornalista) e o profesor, crítico e escritor Ramón Nicolás que actuará como secretario do xurado, en representación de Xerais, con voz e sen voto.
O xurado da XI edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, dotado con 10.000 euros e no que concorren 20 obras, está formado por: Javier Balea (divulgador científico, creador de Moléculas en galego), María Cerdeira González (estudante de Ciencias da Educación), David Díaz Díaz (profesor de Lingua galega e literatura, coautor de Bolboretas no bandullo), Tensi Gesteira Estévez (responsable do blog Lecturafilia), Olga Nogueira (profesora de Lingua galega e literatura) e a profesora da Facultade de Ciencias da Educación da UVigo e crítica Isabel Mociño González, que actuará como secretaria do xurado, en representación de Xerais, con voz e sen voto.
O xurado da XXXIV edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, dotado con 10.000 euros e no que concorren 28 obras, está formado por: Sabela Fernández Trelles (profesora e asesora en Educación Infantil e Primaria), Sira González Rodríguez (bibliotecaria), María Jesús Iglesias García (profesora de Educación Infantil e Primaria), Ángel Iglesias Mariño (profesor e membro de Espazo Lectura), Andrés Meixide Gayoso (deseñador gráfico e ilustrador) e o crítico e escritor Miguel Vázquez Freire que actuará como secretario, en representación de Xerais, con voz e sen voto.