Ao igual que outras homenaxes propias do Día das Letras, tamén se trasladou ao final de outubro o lanzamento dun libro que fai La Voz de Galicia por mor da data. Deste xeito, o xornal vende coa súa entrega do 31 de outubro Ricardo Carvalho Calero. Escritor e profesor, galego cabal, unha biografía asinada por Pilar García Negro sobre o homenaxeado. De xeito similar, os supermercados Gadis agasallarán a partir desa data 30.000 exemplares do libro para público familiar Brian, o chinés de David Daniel Vázquez Álvarez e Andrés Meixide.
En Ferrol, A Fundaçom Artábria, canda á Asociación Cultural Ferrolterra Antiga, a SC Medulio, o Ateneo Ferrolán, Muíño do Vento, a Rede do Patrimonio Cultural, o Colectivo literario Moraima e O Faladoiro botan a andar este venres 30 de novembro unha campaña para reclamar a declaración como Ben de Interese Cultural da Casa Natal do autor. Un encontro que se transmitirá en liña presentará esta iniciativa a partir das 20:30 horas.
Pola súa banda a plataforma Vía Galega e mais o Concello de Lugo sumaron as súas voces á reclamación de que a RAG amplíe a 2021 as homenaxes ao profesor.