Diferentes homenaxes lembran a Carballo Calero no aniversario do seu pasamento

Galiza Cultura publica unha banda deseñada biográfica e un audiovisual sobre o autor

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Diferentes homenaxes lembran a Carballo Calero no aniversario do seu pasamento

Pasou o ano no que foi homenaxeado no Día das Letras mais a homenaxes a Ricardo Carballo Calero continúan. Arredor deste 25 de marzo, cando se cumpren 31 anos do seu pasamento, diferentes eventos celebran o filólogo e reivindican o seu legado. Deste xeito, a Federación Galiza Cultura desenvolve nesta data a xornada Carvalho, Lingua e Terra. Na mesma proxectarase o audiovisual homónimo que conta coas intervencións de María Victoria Carballo-Calero Ramos e unha conferencia de Manuel Castelao Mexuto e Mª Pilar García Negro.

No mesmo día, ás 20:40 horas celebrase en liña un coloquio cos conferenciantes e representantes das asociacións culturais integradas neste colectivo. A entidade publicou tamén na rede unha banda deseñada Amigo Carvalho. Do Haley ao Hubble, na que Pepe Carreiro repasa a biografía do autor homenaxeado.

Tamén o día 25 un vídeo-recital artellado por diferentes entidades de Ferrol reivindicará a declaración da casa natal do homenaxeado como Ben de Interese Cultural. Desde esta mesma cidade, a Fundaçom Artábria celebra o autor o vindeiro día 27 a partir das 12:30 horas cun programa que inclúe unha ofrenda floral, música tradicional e unha intervención poética a cargo de Loreto de Castro e Omar Calderón.

Que che parece esta nova?
83 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carballo, Carballo Calero, Banda deseñada, Ricardo Carballo Calero...