Un libro recupera o Carballo Calero orador

O Parlamento homenaxea o autor con esta publicación e cunha mostra bibliográfica

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras Galegas
Compartir:
Presentación de Ricardo Carvalho Calero, Orador

Presentación de Ricardo Carvalho Calero, Orador

Ricardo Carvalho Calero, Orador. Discursos e leccións é o título do volume que o Parlamento de Galicia presentaba este 1 de outubro. A obra lembra en máis de duascentas páxinas a faceta do homenaxeado no Día das Letras Galegas como conferenciante mediante unha escolma de textos a cargo de Pilar García Negro. A coincidir coa presentación do libro, tamén se inaugurou unha exposición bibliográfica encol do autor na que se inclúen materiais da súa biblioteca persoal, que doou ao Parlamento de Galicia após a súa morte. Artellada tamén por García Negro, a mostra recolle medio cento de libros e unha vintena de documentos entre os que se inclúen o carné de socio do Seminario de Estudos Galegos de Carballo e dúas cartas de Otero Pedrayo, entre outros materiais.

Que che parece esta nova?
76 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carballo, Parlamento de Galicia, Carballo Calero, Pilar García Negro...