Hoxe preséntase no Parlamento un estudio sobre o escritor ferrolán

Carvalho Calero volta ás aulas

| Santiago.Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Universidade e Parlamento traballan xuntos na presentación dunha obra que compila a obra, a linguística e a literatura de Carvalho Calero. Os Estudos dedicados a Ricardo Carballo Calero están coordinados polo profesor da Universidade de Santiago (USC) José Luís Rodríguez Fernández.

Estudios

Analizar dende a obra, a personalidade do escritor ferrolán ata a literatura galego portuguesa é o principal cometido desta publicación que hoxe se presenta no Parlamento de Galicia. As máis de duas mil páxinas que conforman este estudio están repartidas en dous volumes. Un primeiro que fai fincapé na obra e na lingüística do escritor; mentres que o segundo afonda na literatura galega-portuguesa.

Colaboracións

Estudos dedicados a Ricardo Carballo Calero é unha obra coordinada polo doutor e profesor da USC José Luís Rodríguez Fernández. Un labor de investigación co que colaboraron cen profesoras das Universidades de Santiago, Vigo e A Coruña.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carvalho Calero, Literatura, Ricardo Carballo Calero, Carballo Calero...