A USC presenta a súa publicación de homenaxe a Carballo Calero

Ricardo Carvalho Calero. As formas do compromiso recolle textos de catorce especialistas

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras Galegas
Compartir:
A USC presenta a súa publicación de homenaxe a Carballo Calero

A coincidir coa celebración do Día das Letras Galegas a Universidade de Santiago de Compostela presentou a súa habitual publicación de homenaxe ao protagonista desta data. Ricardo Carvalho Calero. As formas do compromiso é un volume coordinado por Francisco Cidrás que recolle catorce colaboracións de especialistas que "a través das súas respectivas achegas, trazan a dimensión vital e intelectual dunha figura poliédrica, fundamental na cultura galega do século XX". Segundo explica a universidade, a obra estrutúrase nas seccións "Aspectos dunha vida", "Literatura e estudos literarios" e mais "Lingua: teoría e praxe". A entidade lanzou tamén dous vídeos nos que Elias F. Torres, Decano da Facultade de Filoloxía e mais o propio Francisco Cidrás,falan sobre o personaxe e o seu legado.

Que che parece esta nova?
73 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carvalho Calero, Carballo Calero, USC, Carballo...