O BNG levará ao Parlamento a celebración do centenario de Carvalho Calero

Proporán que se recoñeza o 2010 como o seu ano

23/8/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: historiasociedade

Neste 2010 cúmprense cen anos do nacemento de Ricardo Carvalho Calero e trinta do seu pasamento. Motivos suficientes, ao entender do BNG, para que a Xunta considere de xeito oficial o 2010 ano Carvalho Calero. Este partido anunciou que levará ao parlamento a proposta, así como instará a Xunta a realizar aaccións destinadas a “acadar o recoñecemento do valor social, político e cultural do que foi o primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galega da Universidade de Santiago”.


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carvalho Calero, BNG, Literatura

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos