A candidatura de Carvalho Calero para ser homenaxeado no Día das Letras de 2010 continúa a sumar apoios. Esta mañá, os concelleiros de Cultura da Coruña, Compostela, Ferrol, Pontevedra, Ourense e Vigo anunciaban publicamente o seu apoio a esta figura na sede do Concello de Santiago. Os seis edís presentaron un documento que reivindica o galeguista e escritor ferrolán salientando o seu traballo na investigación da nosa lingua e literatura e coma autor, apuntando ademais que en 2010 celébrase o centenario do seu nacemento e vinte anos da súa morte.
Concellarías de Cultura apoian a candidatura de Carvalho Calero ao Día das Letras
Representantes das grandes cidades, agás Lugo, enviarán unha solicitude á RAG
11 lecturas | Compartido 0 veces
Universo culturagalega.gal
Contextos
Claves
Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares
