Unha estatua en Compostela lembra a Carvalho Calero

Unha mostra na Coruña homenaxea o literato e investigador no centenario do seu nacemento

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Unha estatua na rúa Carreira do Conde, en Compostela, lembra desde o pasado sábado a Ricardo Carvalho Calero cando se fan cen anos do seu nacemento. A homenaxe foi promovida desde a Fundaçom Meendinho e contou co apoio de numerosas entidades e persoeiros do país. Pola súa banda, a Asociación Socio-Pedagóxico Galega, en colaboración co Concello da Coruña, inaugurou na casa-museo Casares Quiroga coruña unha exposición centrada na figura do autor da primeira historia da literatura galega. Ao tempo, a Associaçom Galega da Língua e mais Komunikando.net fallaron o concurso Musicando Carvalho Calero, no que diferentes formacións facía versións musicais dos textos deste autor. Finalmente, o grupo A Minha Embala fíxose co premio co premio María Silêncio. Tanto a AS-PG como a Fundaçom Meendinho anunciaron a vindeira celebración de congresos con Carvalho Calero como protagonista.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carvalho Calero, Literatura, Concello da Coruña, Associaçom Galega da Língua...