O simposio sobre Carvalho Calero propono para as Día das Letras do 2002

Carvalho a polas letras

| | Seccións: Literatura
Compartir:

No escrito que presenta as conclusións do simposio "Ricardo Carvalho Calero. Memoria dun século", os participantes reclaman o recoñecemento da figura do ilustre ferrolán coa dedicación do Día das Letras do ano 2002. Esta reclamación súmase á feita recentemente por colectivos como la Fundaçom Artábria de Ferrol pedindo este recoñecemento.

Simposio


O Simposio, que se celebrou entre o 23 e o 25 deste mes en Ferrol e A Coruña, organizado pola Universidade de A Coruña, analizou a figura deste destacado investigador sobre a literatura galega e pouco coñecido literato. Nas conclusións destácase a importancia do seu labor ae calificouno como "unha ineludible referencia neste século" que "está falta duns estudios sistemáticos".


Día das Letras


Entre os méritos polos que se propón a Carvalho Calero para o Día das Letras está o de ser o autor da primeira Historia da Literatura Galega a finais dos anos 50, obra que, aínda hoxe é de referencia. Ademais, desenvolveu un amplo labor literario con obras como "A xente da barreira" ou "Scórpio", entre outras. Membro da Real Academia Galega, deixou esta institución coa aprovación da normativa do ILG como oficial para o idioma galego, en consonancia coas súas teses reintegracionistas. Neste ano estase a conmemorar o décimo aniversario da súa morte.

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carvalho Calero, Literatura, A Coruña, Morte...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares