O Pazo Santomé de Mondoñedo estreará este 15 de xuño Carvalho Calero. A voz presente, a grande exposición dedicada ao homenaxeado no DÃa das Letra Galegas 2020. Organizada pola Associaçom Galega da LÃngua e a Xunta e realizada pola empresa Ouvirmos, con Carlos Quiroga e José LuÃs RodrÃguez como comisarios, o proxecto amosa "a vida de Carvalho en relación aos acontecementos de cada época que viviu" ademais de amosar "a súa pegada vital e intelectual é clasificada en diferentes paineis en que son usados textos de Carvalho para el se explicar a si mesmo". A mostra poderá verse ata o dÃa 30 deste mes.
A mostra conta con dúas versións, unha ampliada que recolle obxectos persoais do autor e que se poderá ver en Ferrol e en Compostela, e esta que, logo de Mondoñedo, terá a vindeira parada en Vigo na primeira quincena de xullo. Os contidos da exposición están tamén dispoñibles no web Carvalho2020.gal.
Pola súa banda, a editorial Galaxia acaba de presentar a edición facsimilar da Historia da Literatura Galega Contemporánea. Esta monumental obra de Carballo Calero, que conta 896 páxinas, analiza as letras na nosa lingua entre 1808 e 1936 e supuxo un fito nos estudos filolóxicos do noso paÃs. Segundo sinala a nota da editorial, o volume "está escrito con evidente amor á materia que trata, pero este amor maniféstase na intención de ser verdadeiro, e non se confunde con ningún obxectivo de exaltación paracientÃfica".