Unha experiencia novidosa sitúa os lugares de creación artística nun mapa

Un mapa artístico

Hai un mapa de Santiago que permite localizar os artistas, situalos no seu contexto, dar a coñecer a súa obra e permitir a nativos e visitantes coñecer os lugares nos que se crea a arte. Chámase “Roteiro de Creación contemporánea” que puxeron en marcha María Chenut e Reina D´Hoore tendo en conta modelos semellantes que se desenvolven noutros lugares de Europa e de Estados Unidos.

París e Bruxelas son algunhas das localidades nas que se desenvolve unha experiencia que permite dar a coñecer os lugares de creación artística nun mapa. Tanto María Chenut como Reina D´Hoore participaron nestes proxectos e a idea resultoulles tan atractiva que decidiron trasladar o modelo a Santiago. “Parecíanos unha forma moi interesante de achegar o momento da creación artística ao público” asegura María Chenut. Para iso, buscaron a implicación de diferentes institucións que estiveran interesadas no turismo, na cultura e promoción cultural, como a concellaría de Santiago, a rede municipal de centros socioculturais, a dirección xeral de Comunicación Audiovisual, a Fundación Granell e mesmo empresas privadas como Litonor, Tvmedia ou o Grupo Correo Gallego. Foi así como se xestou o “Roteiro de creación contemporánea”.

O proxecto
“O obxectivo último era a abrir as fontes de creación á cidade e compartir a nosa experiencia porque sabíamos pola nosa propia vivencia que podía resulta moi interesante” apunta María Chenut. Un obxectivo ao que D´Hoore engade a necesidade de “desenvolver a curiosidade do público arredor da arte contemporánea”. Neste afán de procurar exhibir as entrañas do proceso intimo da creación artística houbo moitos fíos que tecer. O máis importante de todos eles pasaba por atopar artistas integrados neste proxecto. “Tendo en conta os prazos que manexabamos, explica María, non puidemos desenvolver unha convocatoria pública no sentido no que nós pretendíamos e tivemos que facer nós o proceso de buscar os artistas”. O resultado foi que un total de 36 artistas puxéronse a disposición destas dúas creadoras para formar parte do proxecto. Marga Crespo, unha desas artistas, explica que fixo parte do Roteiro porque “me parecía unha idea moi interesante”. Era a primeira vez que participaba nun proxecto destas características, aínda que hai uns anos colaborara en Porto nunha iniciativa que tentaba achegar o proceso de creación artística aos máis cativos.

O proxecto tiña dúas partes: dunha banda estaba a pretensión de achegar tanto o lugar físico como as condicións nas que o artista creaba a súa obra de arte, da outra banda pretendíase realizar intervencións puntuais en espazos concretos. Na primeira dirección, o resultado foi que artistas como Manoel Bonabal, Carlos Antón ou Tita Fraga abriron os seus talleres ao público, para dar a coñecer onde traballaban, os seus pinceis, os seus utensilios de traballo así como as condicións. “O importante, destaca Reina, era que a xente vise o momento creativo, que puidese interactuar co artista, preguntar e xurdise unha relación de diálogo”. De feito, neste ámbito a experiencia resultou moi positiva. Reina explica que “non nos interesaba tanto a cantidade de xente, como a calidade, que fose aos espazos do mapa co interese de saber. Na segunda liña, o proxecto pretendía completar o programa, con accións e intervencións puntuais. O resultado foi unha serie de actividades que foron desde intervencións, murais, encontros co público e mesmo unha xornada para celebrar o Día Internacional dos Museos.

O resultado
“Tiñamos a idea dunha educación visual que permitise que aqueles artistas que nunca entrarán nun museo porque comezaron demasiado tarde e non teñen unha traxectoria que os avale, puidesen achegarlle a súa obra ao público” explica Reina D`Hoore. Neste aspecto o proxecto resultou todo un éxito durante os dez días que o roteiro estivo activo. Á falta de cifras definitivas que avalíen todo o traballo feito por estas dúas artistas novas, as primeiras impresións son moi positivas. “Non tanto polo número de xente que asistiu ao evento, senón porque o que foi se mostrou moi interesado senón tamén pola boa recepción que a iniciativa espertou entre os propios artistas, que formaron parte activa do roteiro, e por aqueles outros que nos pediron incorporarse en futuras edicións”. Precisamente neste último aspecto inciden tanto Reina como María que, malia o traballo que supuxo este primeiro roteiro, están convencidas de que esta iniciativas e perpetúen o tempo. “O roteiro nace con vocación de ser anual, para que o público poderá seguir a evolución do traballo dos artistas e descubrindo a cidade pouco apouco”, apunta María Chenut.

Roteiro de creación contemporánea

Roteiro de creación contemporánea

Mural situado no punto de Información Zona C. Fotos: Reina D´Hoore e María Chenut

Roteiro de creación contemporánea

Roteiro de creación contemporánea

Vanesa Perozo e Suso Rodríguez. “Rainbow Tree” Fotos: Reina D´Hoore e María Chenut

Roteiro de creación contemporánea

Roteiro de creación contemporánea

Exposición Alfonso Martínez. Centro Sociocultural Conxo. Fotos: Reina D´Hoore e María Chenut

Roteiro de creación contemporánea

Roteiro de creación contemporánea

Vista do material de creación de Carlos Antón. Fotos: Reina D´Hoore e María Chenut

Roteiro de creación contemporánea

Roteiro de creación contemporánea

Vista do concerto con audiovisuais de “Cableyceraextrema”. Celebrado na Fundación Eugenio Granell. Fotos: Reina D´Hoore e María Chenut

Roteiro de creación contemporánea

Roteiro de creación contemporánea

Acción de Rita Rodríguez. Celebrado na Fundación Eugenio Granell. Fotos: Reina D´Hoore e María Chenut

Roteiro de creación contemporánea

Roteiro de creación contemporánea

Mural de Suárez Nolo. Centro Sociocultural de Fontiñas. Fotos: Reina D´Hoore e María Chenut

Roteiro de creación contemporánea

Roteiro de creación contemporánea

Obradoiro de Tita Fraga. Fotos: Reina D´Hoore e María Chenut

Roteiro de creación contemporánea

Roteiro de creación contemporánea

Obradoiro de Luís Méndez. Fotos: Reina D´Hoore e María Chenut

Roteiro de creación contemporánea

Roteiro de creación contemporánea

Visitantes con Cristina Meijide dentro do seu obradoiro. Fotos: Reina D´Hoore e María Chenut

Roteiro de creación contemporánea

Roteiro de creación contemporánea

Obradoiro de serigrafía. Ruíz e Bora. Fotos: Reina D´Hoore e María Chenut

Roteiro de creación contemporánea

Roteiro de creación contemporánea

Dieto Ghiddini.. Acción no Punto de Información da Zona C. Fotos: Reina D´Hoore e María Chenut

Roteiro de creación contemporánea

Roteiro de creación contemporánea

Charla con Fran Hervella na Galería C5. Fotos: Reina D´Hoore e María Chenut

Roteiro de creación contemporánea

Roteiro de creación contemporánea

Acción Manuel Eirís. Fotos: Reina D´Hoore e María Chenut

Roteiro de creación contemporánea

Roteiro de creación contemporánea

Obradoiro de Manuel Bonabal Fotos: Reina D´Hoore e María Chenut