A acumulación inédita de candidaturas. A instalación pioneira do stand Banda Deseñada Galega. Un bo feixe de novidades. Se xa nos últimos anos era inevitable falar dun desembarco galego no Saló del Còmic de Barcelona, non hai dúbida de que o noso país ten todas as trazas de marcar, en moi boa medida, esta edición do evento. Explicámosche o por qué.
Está claro que a maior parte das máis de 50.000 persoas que cada ano se achegan ao Saló del Còmic de Barcelona faino coa intención de ver ao vivo os seus autores favoritos, contactar con outros afeccionados, adquirir novidades e pasalo ben. E é evidente tamén que dentro da inmensa oferta de exposicións, postos, actividades e iniciativas que se poden encontrar alí, é moi difícil dicir que algo en concreto marca cada edición. No entanto, dentro da magnitude do evento, non podemos dubidar que moita xente vai saír deste XXV Saló convencidos de que esta é a edición de Galicia. E aínda está por ver en que xeito marca un punto de inflexión que poida permitir unha maior galeguización xeral dese evento.
BD nunha illa
Unha illa de 24 metros cadrados cunha grande lenda de "BD Galega", unha exposición, unha pantalla de plasma a proxectar imaxes dos nosos autores, actividades e... un futbolín a disposición do público. Posiblemente ese último elemento sexa un dos que máis fiquen na memoria dos afeccionados que se acheguen pola Fira de Barcelona a esta vixésimo quinta edición do principal salón de BD do estado. Claro que ademais dun futbolín, unha mostra achegará a obra dunha trintena autores novos do noso país e, ao tempo, outra, que se desenvolverá na Galería Sargadelos, fará un breve percorrido pola historia da nosa novena arte. Estas propostas presentaranse ao mais alto nivel institucional nunha rolda de prensa que contará coa presenza da propia conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, e mais do director xeral de creación e difusión cultural, Luís Bará, canda a diferentes representantes do sector. Unha mesa redonda sobre a situación da novena arte, sesións de sinaturas, exemplares de obras galegas, obradoiros e, como non, partidas de futbolín, completan a programación da Xunta no Saló.
Máis presenzas
Claro que a presenza institucional non é a única presenza galega no evento. O colectivo BD Banda recunca, canda a editora Faktoría K, nun posto profesional onde se venderán e se darán a coñecer as súas novidades. Entre elas, a aposta estrela do colectivo, a primeira revista profesional de BD feita desde Galicia e para o conxunto do Estado. No mesmo espazo está prevista toda unha serie de sinaturas dos autores que participan nas diferentes publicacións deste colectivo. Ao tempo, o colectivo Polaqia participa neste evento co número nove do seu fanzine "Barsowia" debaixo do brazo. De feito, a presentación deste número coincide coa candidatura que esta cabeceira posúe a mellor fanzine do ano.
Candidatos
E de candidaturas ben podemos falar desta volta. Nunca tantas candidaturas galegas se concentraran nun salón. Temos para Autor Revelación (e cada un pola súa banda) a David Rubín e a Alberto Vázquez, que coinciden tamén na candidatura a Mellor Debuxo. Rubín aínda pode levar tamén o premio ao Mellor Guión e á Mellor Obra, todo pola súa "Tearía do Oso Malaio". E está tamén presente na obra colectiva "A nosa guerra civil", tamén candidata a mellor publicación do ano. Vázquez, pola súa banda está tamén representando como codirector do "Fanzine Enfermo", que compite con Polaqia ao mellor fanzine do ano. Remexendo, aínda podemos encontrar riscos galegos noutro dos candidatos esta categoría. "Puñetas desde o Atlántico", un mini fanzine que Juanjo el Rápido realizou con ocasión do festival de BD da Coruña conta cunha boa selección de obras e de entrevistas a autores do país. Aínda máis. "Dos veces breve", nominada a mellor revista, publicou hai dous anos un Especial Galicia e conta tamén coa presenza de galegos, ao igual que a súa competidora "Humo". É dicir, que tirando o Premio á Divulgación da BD e no de Mellor Obra Estranxeira, temos unha certa presenza en todas as categorías.
Produtos frescos
Un fenómeno que se está a dar de xeito crecente nos últimos anos é a presenza de autores que acoden á Cidade Condal para presentar as súas obras, contactar con editores ou outros creativos ou, simplemente pasar uns días. Desta volta, a conta rolda os vinte e cinco, con figuras imprescindibles coma Miguelanxo Prado, Carlos Portela e é de supor que tamén Das Pastoras, os dous últimos coas súas recentes publicacións para Francia. Tamén vai presentar aló o seu último lanzamento Mariano Casas, que autoeditou o segundo volume das súas "Historias de Mariano" e é xa unha presenza imprescindible neste evento. Norberto Fernández asinará exemplares do seu álbum erótico "Erika" e mais da revista "Quattrocento" que realizou de xeito monográfico. Fausto Isorna, ademais de presentar en Sargadelos a mostra "A historieta galega", que xa se puido ver en Madrid, chega ao Saló co seu álbum "Están vivas" aínda fresco. Martín Romero, pola súa banda, leva ao evento a súa última autoedición, "La ratonera", mentres que Diego Blanco asistirá xusto despois de presentar o seu proxecto de edición en web Edicións Ultralimitadas. A obra dos nosos autores tamén se poderá ver en diferentes publicacións colectivas coma "Humo", "Fanzine Enfermo", "Argh!" ou "Dos veces breve"
Desde outros ámbitos
A eles súmanse aínda Óscar Iglesias, como representante do Lab.Ou e das Xornadas de Ourense, e unha delegación de culturagalega.org, que compartirá traballo con outros xornalistas do país que acudirán por primeira vez a cubrir o evento. Pola banda dos bibliotecarios, Fátima Elías e Iván Serrano, do servizo de bibliotecas da Coruña, tamén se achegarán a Barcelona e participarán nunha mesa redonda sobre Bibliotecas Públicas e Cómic que se celebrará na Fira na mañá do xoves 19 de abril. Con esta ampla presenza do sector, é de agardar que Galicia estea tamén ben representada na xuntanza que se convocou na mañá do venres para organizar o proxecto da Academia do Cómic. De todo isto, e das novidades que aparezan, iremos dando cumprida información ao longo dos vindeiros días.