Por primeira vez, Galicia contará cun posto propio no Saló del Cómic de Barcelona, e non será esta a única aposta que poidamos ver arredor da BD nos vindeiros meses. Esta mañá vían a luz nunha rolda de prensa as iniciativas que está a desenvolver a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural en colaboración con representantes dos diferentes colectivos do sector. Unha iniciativa pioneira que dará en diferentes actividades de promoción e divulgación e quere contribuír á normalización da BD no noso sistema cultural.
Un grande stand no vindeiro Saló del Còmic de Barcelona referendará a importancia e a calidade que os autores e iniciativas de BD galegos están a acadar. Co lema "Banda Deseñada Galega", o posto incluirá unha mostra dos traballos dos novos autores do país e albergará un bo lote de actividades para dar a coñecer os nosos autores e publicacións. Outra exposición histórica, desta volta na Galería Sargadelos, presentacións, sinaturas e unha mesa redonda completan as representación que a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellaría de Cultura preparou para convencer aos afeccionados e editores de todo o Estado que o desembarco galego na BD é unha realidade coa que se debe contar. A propia conselleira, Ánxela Bugallo achegarase a este evento para presentar alí as iniciativas institucionais que está a desenvolver o seu departamento neste sentido.
Promoción
Segundo se fixo público nesta rolda de prensa, a presenza en Barcelona é só a primeira de toda unha serie de propostas que a Consellaría de Cultura está a desenvolver a prol da novena arte do país. Canda a ela presentábase tamén un mini CD profesional que quere servir como catálogo de promoción de autores en diferentes feiras e salóns internacionais dedicados á BD e mais á ilustración. Esta publicación desenvolveuse, de xeito íntegro, por culturagalega.org a partir do material que desde hai xa sete anos está a recoller no seu soportal BD. De cara o futuro está previsto que a novena arte galega conte con representación tamén en feiras internacionais coma a de Frankfurt, Boloña ou A Habana.
Bibliotecas, colexios e librarías
Ao tempo, a Consellaría anunciou a vindeira distribución por bibliotecas e centros de ensino dunha serie de lotes nos que se reúne boa parte da produción galega de cómic nos últimos anos. Cada unha das obras irá acompañada dun exemplar da nova publicación "Boletíns BD", tamén elaborada deste este portal a partir da nosa sección de BD. En cada un destes boletíns explícase o contexto de cada obra, fálase do autor e amósanse outros traballos do mesmo. Canda a estes, apoiarase a adquisición de cómics internacionais e diferentes actividades de divulgación. Xa para o vindeiro outono está previsto o desenvolvemento dun curso para bibliotecarios centrado neste ámbito e mais a posta en marcha dunha exposición para centros de ensino. As accións chegarán tamén ás librarías, onde se quere normalizar a presenza dunha BD que, en moitas ocasións, é pouco visible.
Mesa BD
De cara a coordinar estas propostas, Cultura organizou unha Mesa de BD na que se estiveron a reunir, ao longo do último ano, representantes de entidades coma a Asociación de Profesionais da Ilustración, BD Banda, a Casa da Xuventude de Ourense, Polaqia, o Consello da Cultura Galega ou Viñetas desde o Atlántico. Xa no pasado ano se puideron ver as primeiras iniciativas de apoio institucional á novena arte, con proposta coma a mostra "A banda avanza" que se celebrou no marco das feiras do libro de Pontevedra e A Coruña, ou a inclusión de actividades relacionadas coa BD nas Semanas do Libro e da Lectura que organiza este mesmo departamento. De xeito paralelo, esta entidade tamén apoiaba recentemente as xornadas "Anda na banda" que se celebran en Lugo.
De cara ao futuro está previsto que se amplíe o abano de propostas coa intención de consolidar un sector que, en vías aínda de ser unha industria cultural, está a se amosar nos últimos anos coma un dos máis vizosos e prometedores da nosa cultura.