Logo de catro anos de traballo o bosque máis animado de europa abre as súas portas. E a cita, con rigorosa invitación, terá lugar hoxe ás oito e media da noite no Pazo da Ópera da Coruña. A factorÃa presentará a Furacroios, Furi, para os amigos e os 27 habitantes deste peculiar bosque, o primeiro de Europa creado en 3D. E os que non teñen invitación para a preestrea terán que agardar ata o 3 de agosto para velos nos cinemas da súa cidade. Chega "O bosque animado".
Esperada estrea
Esta noite o pazo da Ópera da Coruña conveterase nun improvisado Bosque. Un bosque moi animado qu contará coa presencia do presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga, ademais de numerosas personalidades do mundo da cultura. E todo para ver a premiere da primeira longametraxe en 3D feita en europa que levou a cabo a empresa Dygra Films durante catro anos. Un filme que mantivo ocupada a 400 persoase que tivo un presuposto de 550 millóns de pesetas.
Asalto ás grandes empresas
Con 550 millóns de pesetas, O bosque animado convértese nun dos filmes de referencia dentro do panorama de animación europeo. En primeiro lugar por ser o primeiro filme destas dimensións levado a cabo con tecnoloxÃa 3D, e en segundo lugar porque está desenvolvido nun lugar periférico, cun proxecto que está moi enraizado coa cultura galega. A fraga de Cecebre convertirase nun grande escenario como as grandes producción norteamericanas. E iso que conta cun presuposto e unha infraestructura irrisoriamente inferior. Dos 10.000 millóns de Toy Story, ou os 20.000 de Shrek, que arrasa nas carteleiras ós 550 de O bosque animado hai abondosas e substanciais diferencias. Pero por detrás hai un guión, unha idea elaborada e un proxecto máis sólido. Tamén é certo que O Bosque Animado alónxase no seu presuposto das produccións europeas que non acostumen a baixar dos 2.000 millóns de pesetas
Plan de distribución
Logo da preeestrea o filme chegará as carteleiras o 3 de agosto. Entrementres haberá entreas en Vigo, Santiago, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Lugo e A Coruña onde se pasará en versión galega e castelá. Desde o tres de agosto haberá unha operación de distribución que porá o filme en 180 salas de toda España.
Ademais, o traballo de Dygra Films non remata coa inminente estrea, senón que agora os seus obxectivos están en preparar unha serie para televisión do filme de 26 capÃtulos e a producción da súa primeira longametraxe de imaxe real, que versará sobre un máxico de Galicia.