A camerata viguesa inaugura o Centro Cultural Fraga

Nova era

Logo de servir de espacio de actividades, de concertos e de espectáculos para numerosos vigueses o que foi ata onte Teatro Fraga iniciou unha nova etapa. Baixo o nome de Centro Cultural Fraga este edificio convertiuse na sé cultural da Fundación Caixa Galicia. Unha nova era que se encargou de inaugurar onte a camerata viguesa nun concerto.

Unha sinatura que inicia unha era



A sinatura que rubricaron Carlos Príncipe, concellal de área de cultura, e José Luis Méndez, director da entidade deu lugar á nova etapa do Teatro Fraga. Unha nova etapa que implica tamén un cambio de nome, chamándose agora Centro Cultural Fraga. Así, segundo o director o obxectivo é crear no antigo cine Fraga este centro para engrandecer o sentido cultural que tivo nesta cidade no século XX e potencialo agora cunha planificación de actos cada vez máis importante.


Primeira actuación


E a primeira actuación para celebrar este cambio tivo lugar onte, minutos despois de que se asinara este convenio. Foi un concerto a cargo da camerata viguesa que, con entrada gratuita, encheu o aforo co Centro Cultural Fraga.


Reforma e calendario








Ademais, a Fundación Caixa Galicia pretende ofertar un programa de actos culturais estable durante todo o ano. De momento, o primeiro calendario previsto está o de converterse na sé oficial da segunda edición do Are More.

Pero para comezar a Fundación ten prevista unha reforma de acondicionamento do local. Unha reforma na que invertirá preto de 7.800 millóns de pesestas e que terá unha sala multiusos, unha ciberoteca, ademais de numerosas aulas para cursos e seminarios.