Repartiuse a obra por capítulos e por páxinas de tal xeito que fose equilibrado o reparto. Distribuíuse de xeito aleatorio entre os participantes e cada un deles interpretou o que lle transmitía o texto sen ningún tipo de cortapisa. Dese xeito tan gráfico, o director da Fundación Wenceslao Fernández Flórez, Antonio Montero explica en que consistiu esta iniciativa única, porque nunca se fixo nada parecido matiza.
O proceso creativo
En 1917 Castelao ilustraría a novela de Wenceslao Fernández Flórez que leva por título Bolboreta. Converteuse no primeiro artista en facer obra gráfica que se incorporase ao texto de Wenceslao Fernández Flórez. Por diante quedaron máis de vinte artistas de primeiro nivel como Herreros ou Siro que se encargaron de acompañar o texto do escritor ao longo de toda a súa obra.
Este foi un dos puntos de partida para algunhas das ideas que se propuxeron pola xerencia da fundación que leva o seu nome e que, como ben di Antonio Montero algunhas callaron e outras non. En todo caso, o concello de Cambre, a Fundación Fernández Flórez e a Asociación de Profesionais Galegos da Ilustración encontraron os seus intereses en A fraga ilustrada. O proxecto pretendía recuperar esa tradición gráfica que ten acompañado a obra do escritor de Cambre e trasladalo a un proxecto concreto. O resultado foi a división da obra en capítulos co que diferentes artistas achegarían un distinto punto de vista persoal e propio de cada un dos textos que lles tocou representar graficamente.
Todos eles coincidiron na precisión e na exactitude coa que Wenceslao describe tanto as distintas personaxes como os diferentes espazos nos que sucede a acción explica Antonio Montero. Así, durante dous días os 23 debuxantes entre os que había nomes tan destacados como Enma Ríos, David Rubín ou Fran Bueno foron facendo pequenos anacos desta grande obra visual.
Pola súa banda, Manel Cráneo, presidente da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) e alma máter do evento aseguraba no sitio web desta entidade que os obxectivos básicos destas xornadas son fomentar a interrelación entre os profesionais da ilustración que, polo xeral, traballamos aillados, así como analizar a interesante contribución á literatura de Wenceslao Fernández Flórez nunha novela tan visual.
O fondo da exposición
Ademais de representar graficamente a novela, A fraga ilustrada supuña tamén o reto de achegar o traballo destes creadores á sociedade. Por iso, ademais do traballo propiamente dito de inspirarse no contorno para debuxar a obra había tamén sesións pensadas para que os propios autores explicasen os pasos que dan antes do resultado final. Ademais, o proxecto quería trascender máis alá da intención do artista na súa torre de marfil, de tal xeito que o resultado final só debía ter sentido en contacto co público. De feito, o encontro rematou coa presentación dos traballos que logo farán parte dunha exposición itinerante que comezará no Concello de Cambre.
En principio, asegura o director da Fundación Wenceslao Fernández Flórez, o que temos é o papel co material que ten cada un deles, agora hai que enmárcalo e darlle forma tanto de exposición como de libro, para que quede constancia deste traballo.
A fraga
Pouco queda xa da inmensa fraga que serviu de inspiración de Wenceslao Fernández nas súa sobras. Asfixiada por casas, estradas, a autopista e polo encoro, este pequeno reducto sobrevive grazas ás súa declaración de espazo protexido. De feito, hai pouco o conselleiro de Medio Ambiente, tivo que pronunciarse na súa defensa despois de que a riqueza do lugar se vise amezada polo trazado do AVE da Coruña a Betanzos. De feito, o departamento que dirixe Manuel Vázquez está a estudar a creación dalgunha figura de protección para protexer este espazo.
A fraga Ilustrada
Autor: Alicia Suárez Fonte: Fundación Wenceslao Fernández Flórez
A fraga Ilustrada
Autor: Andrés Meixide Fonte: Fundación Wenceslao Fernández Flórez
A fraga Ilustrada
Autor: Ánxeles Ferrer Fonte: Fundación Wenceslao Fernández Flórez
A fraga Ilustrada
Autor: Blanca Barrio Fonte: Fundación Wenceslao Fernández Flórez
A fraga Ilustrada
Autor: Carlos Silvar Fonte: Fundación Wenceslao Fernández Flórez
A fraga Ilustrada
Autor: David Pintor Fonte: Fundación Wenceslao Fernández Flórez
A fraga Ilustrada
Autor: David Rubín Fonte: Fundación Wenceslao Fernández Flórez
A fraga Ilustrada
Autor: Enma Ríos Fonte: Fundación Wenceslao Fernández Flórez
A fraga Ilustrada
Autor: Federico Fernández Fonte: Fundación Wenceslao Fernández Flórez
A fraga Ilustrada
Autor: Fran Bueno Fonte: Fundación Wenceslao Fernández Flórez
A fraga Ilustrada
Autor: Jaime Asensi Fonte: Fundación Wenceslao Fernández Flórez
A fraga Ilustrada
Autor: Javi Montes Fonte: Fundación Wenceslao Fernández Flórez
A fraga Ilustrada
Autor: Luís Sendón Fonte: Fundación Wenceslao Fernández Flórez
A fraga Ilustrada
Autor: Manel Cráneo Fonte: Fundación Wenceslao Fernández Flórez
A fraga Ilustrada
Autor: Manolo Uhía Fonte: Fundación Wenceslao Fernández Flórez
A fraga Ilustrada
Autor: Miguel Porto Fonte: Fundación Wenceslao Fernández Flórez
A fraga Ilustrada
Autor: Noemí López Fonte: Fundación Wenceslao Fernández Flórez
A fraga Ilustrada
Autor: Óscar Villán Fonte: Fundación Wenceslao Fernández Flórez
A fraga Ilustrada
Autor: Siro Fonte: Fundación Wenceslao Fernández Flórez
A fraga Ilustrada
Autor: Suso Cubeiro Fonte: Fundación Wenceslao Fernández Flórez
A fraga Ilustrada
Autor: Xan L. Domínguez Fonte: Fundación Wenceslao Fernández Flórez
A fraga Ilustrada
Autor: Xosé Cobas Fonte: Fundación Wenceslao Fernández Flórez
A fraga Ilustrada
Autor: Xulia Barros Fonte: Fundación Wenceslao Fernández Flórez