Os arquitectos galegos imprimen a súa pegada no estranxeiro con obras enraizadas no contorno

Obras que deixan pegada

O edificio de Correos en Madrid, unha das obras máis vistosas da capital, foi deseñado por un arquitecto galego (Antonio Palacios). Hai unha ponte en Xapón, deseñada por César Portela, da que as revistas especializadas din que resume perfectamente a esencia arquitectónica nipona. Son so algúns dos exemplos de profesionais encargados de incorporar a arquitectura galega no curso da construción moderna. E o resultado é de luxo.

Antonio Palacios e Alejandro de la Sota foron os primeiros dunha serie de arquitectos nados en Galicia que deixaron a súa pegada noutros lugares. A súa relevancia queda, non tanto polo feito de que constrúan fóra de Galicia, senón polo feito de que as súas obras contan cunha impronta que ten moito ver co lugar no que naceron.

Os primeiros
Con Antonio Palacios apreciouse o Colosalismo, virtuosismo, ornamentación, simbolismo, potenciación dos materiais e a relación da obra co seu contorno. Estas eran tamén as características propias para grandes obras con certo prestixio económico, promovidas por grandes institucións, bancos e concellos, que foron na maior parte das ocasións, os promotores dos seus traballos. Comparte con Alejandro de la Sota que os dous teñen feita a maior parte da súa obra fóra de Galicia e, concretamente, en Madrid. Se Palacios proxectaba nas súas obras, o que lle impresionaron os contornos graníticos do seu Porriño natal, en Alejandro a súa innovación non viña só na forma, senón tamén na procura de materiais que lle permitisen materializar as súas ideas. A súa peculiar forma de entender a arquitectura fíxolle merecedor dos máis importantes galardóns como o Premio Nacional de Arquitectura en 1974, a Medalla de Ouro de Belas Artes en 1986 e a Medalla de ouro de Arquitectura en 1988. De Antonio Palacios destaca o Palacio de Comunicacións de Madrid, mentres que de De la Sota destacan o “Goberno Civil” de Zaragoza, un proxecto que ofrece un orixinal xogo de volumes que fusiona un edificio administrativo, un bloque de vivendas xunto coas necesidades da época (1956-1963) como podía ser un grande espazo para o balcón de autoridades

Foron os primeiros, pero tamén os máis destacados durante anos da construción galega e, malia que se formaron e traballaron principalmente en Madrid, a súa orixe galega resulta evidente na súa construción.

Os contemporáneos
Andrés Fernández Albalat e Xosé Bar Boo abriron a veda en Galicia a unha serie de profesionais que comezaron a desenvolver a súa creatividade nos setenta. Pedro de Llano, o acabado de finar Rafael Baltar, Gallego Jorreto, Iago Bonet, Iago Seara, César Portela, o tándem Alberto Noguerol e Pilar Díaz son só algúns nomes dunha prolífica xeración que está a deixar a súa pegada xa non só en Galicia, senón tamén fóra de Galicia con proxectos que superan o puramente xeográfico e con solucións arquitectónicas que revelan esa orixe galega. Malia que desenvolven proxectos arquitectónicos propios e, polo tanto diferentes, comparten trazos comúns. Dunha banda que son ou teñen sido docentes da Escola de Arquitectura da Coruña, un feito que contribúe a facer escola e, ao mesmo tempo, a perpetuar o seu legado. Da outra, que todos mantiveron o seu compromiso con Galicia, xa non só polo feito de ter obra no seu país, senón porque abandeiran a nosa identidade con proxectos que constrúen fóra daquí. De tal xeito que os seus proxectos, estean onde estean, no fondo recollen boa parte da súa propia idiosincrasia, da súa propia personalidade, que se configura de xeito irreversible da súa identidade cultural e, polo tanto, territorial.

Os proxectos
Existe un bo número de proxectos (na galería que acompaña a esta reportaxe pódese apreciar unha mostra) que lle fixeron ser merecedores de numerosos galardóns, como a Estación de Autobuses de Córdoba (construída entre 1996-1998) co que César Portela foi merecedor do Premio Nacional de Arquitectura. Pero á marxe dos recoñecementos, existen numerosas obras de edificios públicos que teñen un valor histórico e que foron feitas no estranxeiro por arquitectos galegos. De sobras é ben coñecido, a relevancia que tivo o Colexio Marabillas de Madrid (hoxe desaparecido) e Goberno Civil de Tarragona (1954-1957) deseñado por Alejandro de la Sota, ou como Antonio Palacios ornamentou algúns dos seus edificios dos anos vinte e trinca con motivos tomados do medievo galego ou, xa de carácter máis actual a rehabilitación que Iago Bonet fixo en Murcia do Museo Salzillo, integrado no contorno dunha igrexa construída no século XVII.

Os outros
Ao lado da impronta deixada por estes arquitectos de autor, existen algúns estudos de arquitectura que comezan a ter relevancia no exterior. Un deses exemplos é o estudo de arquitectura A-Cero na Coruña, na que tres arquitectos formados na Facultade da Coruña ofrecen unha visión da arquitectura contemporánea desde Galicia que está a ter boa acollida noutras zonas do estado. Malia que iniciaron a súa andaina na Coruña, onde teñen o seu estudo, traballan máis no resto do Estado que no país e gozan de cada vez maior proxección.

Por último, cómpre non esquecer que o despegamento da moda galega supuxo tamén un bo escaparate para os arquitectos galegos. Os deseñadores Antonio Pernas, Adolfo Domínguez e Purificación García, por citar algún deles, confiaron os deseños das súas tendas en arquitectos galegos como Iago Seara ou Alfredo Freixedo. Deste xeito, algunhas das tendas, situadas sempre en lugares céntricos e moi visibles, serviron para dar a coñecer a creación con selo galego, tanto no continente como no contido.

Arquitectura no exterior

Arquitectura no exterior

César Portela
Edificio Edificio Multiusos, 1991-1993. Toamura, Toyama. Xapón Fonte: Artistas Galegos. Arquitectos. Nova Galicia Edicións S.L.

Arquitectura no exterior

Arquitectura no exterior

César Portela
Ponte sobre o río Uchikawa, 1991-92. Shimminato, Xapón Fonte:Artistas Galegos. Arquitectos. Nova Galicia Edicións S.L.

Arquitectura no exterior

Arquitectura no exterior

César Portela
Estación de autobuses, 1995-97. Ayamonte, Huelva.
Fonte:Artistas Galegos. Arquitectos. Nova Galicia Edicións S.L.

Arquitectura no exterior

Arquitectura no exterior

César Portela
Paseo marítimo, 1996-98. La Herradura, Almuñécar. Granada.
Fonte:Artistas Galegos. Arquitectos. Nova Galicia Edicións S.L.

Arquitectura no exterior

Arquitectura no exterior

César Portela
Ponte Peonil, 2000-02 Cádiz.
Fonte:Artistas Galegos. Arquitectos. Nova Galicia Edicións S.L.

Arquitectura no exterior

Arquitectura no exterior

Alberto Noguerol
Praza e oficina de turismo en Cala Ratjada, 1986-88. Baleares
Fonte:Artistas Galegos. Arquitectos. Nova Galicia Edicións S.L.

Arquitectura no exterior

Arquitectura no exterior

Celestino García Braña
Proposta para a rehabilitación do Mercado Modelo. A Habana. 2002.
Fonte:Artistas Galegos. Arquitectos. Nova Galicia Edicións S.L.

Arquitectura no exterior

Arquitectura no exterior

Celestino García Braña
Proposta para a rehabilitación do Mercado Modelo. A Habana. 2002.
Fonte:Artistas Galegos. Arquitectos. Nova Galicia Edicións S.L.

Arquitectura no exterior

Arquitectura no exterior

Alfredo Freixedo
Proxecto para Centro de Investigación, Desenvolvemento e Innovación en San Sebastián.
Fonte:Artistas Galegos. Arquitectos. Nova Galicia Edicións S.L.

Arquitectura no exterior

Arquitectura no exterior

Domingo Lois Monteagudo
Igrexa da Encarnación. Montefrío. Granada.
Fonte:Artistas Galegos. Arquitectos. Nova Galicia Edicións S.L.

Arquitectura no exterior

Arquitectura no exterior

Antonio Palacios
Hospital Maudes de Xornaleiros, 1908-1916. Hoxe Consellería de Ordenación do Territorio da Comunidade de Madrid
Fonte:Artistas Galegos. Arquitectos. Nova Galicia Edicións S.L.

Arquitectura no exterior

Arquitectura no exterior

Antonio Palacios
Círculo de belas artes. 1919-1926. Madrid
Fonte:Artistas Galegos. Arquitectos. Nova Galicia Edicións S.L.

Arquitectura no exterior

Arquitectura no exterior

Iago Bonet Rehabilitación Museo Salzillo. Murcia
Fonte: Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG)

Arquitectura no exterior

Arquitectura no exterior

Pilar Díaz e Alberto Noguerol
Vista de varios edificios proxectados por estes equipo en diferentes localidades (Barcelona, Sevilla e Illas Baleares)
Fonte: Consello da Cultura Galega. Sección de Arquitectura.

Arquitectura no exterior

Arquitectura no exterior

Iago Seara
Vista de varios proxectos deseñados por Iago Seara
Fonte: Consello da Cultura Galega. Sección de Arquitectura.