A Escola de Deseño Industrial presenta os mobles do futuro nunha exposición

Mobles de I+D

En Galicia existe toda unha tradición mobiliaria alimentada desde as numerosas factorías que traballan o sector. Pero desde hai oito anos, a Escola de Deseño Industrial da Universidade de Coruña (no campus de Ferrol) traballa en darlle a esa faceta industrial unha dimensión artística que lle conceda un valor diferencial. Nesta liña de traballo nace “Concept furniture”, unha exposición feita para o Clúster da Madeira coa que nos achegan os mobles que teremos no futuro. Unha mostra que levarán a Milán, a meca do deseño mobiliario, o vindeiro mes de novembro.

Detrás de “Concept Furniture” existe un intento de relacionar o ámbito académico co industrial, porque no fondo, a idea xurdiu por parte do Clúster da Madeira. José Ramón Méndez, director da Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI) explica que “foi unha iniciativa que partiu do Clúster e o obxectivo que perseguíamos era o de combinar o potencial creativo da Escola coas posibilidades reais de desenvolvemento do prototipo”. Deste xeito, ofreceron proxectos de mobles de dormitorio, salón ou de estudio que teremos nas nosas casas dentro de dez anos. A presentación inicial da exposición foi o pasado mes de xullo en Ferrol para as empresas que conforman o Clúster, e mentres se está a buscar unha forma de presentala en Santiago, xa saben que se exhibirá en Milán en novembro.

Mobles con concepto
Detrás de “Concept furniture” hai 48 proxectos dirixidos e titorizados por José Ramón Méndez Salgueiro con prototipos escala 1:1 e modelos a escala 1:4 e 1:2. Ideas que partiron de cero e nas que houbo que pensar o modelo ata deseñar o proxecto do futuro. O director da EUDI explica que “houbo que combinar parámetros estéticos e ergonómicos, porque por unha banda teñen que ser mobles e, pola outra, teñen que ser cómodos. Ademais, todos teñen a súa peculiaridade, o seu porqué, e todos chaman a atención”.

Entre os proxectos presentados hai prototipos pensados especificamente para todas as funcionalidades. Por exemplo, José Ramón explica que hai un moble de oficina pensado cos datos feito nun informe previo que dicía “que o mobiliario actual non era moi cómodo para navegar por Internet. Por iso, pensamos nun moble que sexa como un posto de navegación, que funcione igual que o dicionario que tiñamos no andel. Hai un cambio na cultura de traballo na oficina, onde a xente se move con máis liberdade, e pensamos que o mobiliario debe adecuarse a ese espazo na oficina”. Así xorde “Ciber Desk” un elemento modular cunha especie de asento que asemella ao dunha bicicleta e que se converte nunha ferramenta de traballo.

Ademais da funcionalidade, existen outros conceptos que van condicionar os mobles do futuro. É o que o director da Escola de Deseño Industrial chama o aspecto lúdico do moble. É o caso dunha banqueta presentada nesta exposición na que “cando o vés non te podes sentar nel, xa que tes que activar nel un resorte, no que te poidas sentar. Algo así como un aspecto de creación de ritualizar os obxectos”. Iso si, é común a todos eles que non sexan produtos moi caros, que sexan doados de producir en serie.

Os 48 proxectos que forman parte deste proxecto comezaron a deseñarse en novembro de 2005 e, explica Jose Ramón, “presentamos todo feito e montado en xullo, despios dunhas case 700 titorías cos estudantes”. A Escola puxo en práctica todo o traballo, mentres que o Clúster foi o encargado de poñer os cartos precisos para que “Concept furniture” fose unha realidade.

Mobles para persoas
Por outra banda, desde a Escola non só se fai o estudo dos materiais, do deseño e da parte de creación do produto, senón que se encargan do proceso desde as primeiras fases, desde o momento no que hai que detectar as necesidades. José Ramón explica que “o marco de actividade se inicia cunha hipótese de investigación. O encargo comezou cun estudo amplo de tendencias sociais no que apareceron aspectos interesantes como que é certo que os pisos son cada vez máis pequenos, pero tamén o é que a xente vive en vivendas individuais e, polo tanto, o número de metros por persoa aumenta”. Cuestións estas que afectan ao concepto de mobiliario. Ademais, continúa José Ramón “tamén se analizou que hai aspectos como a unificación de elementos tecnolóxicos, como o portátil que comeza a relegar ao ordenador de sobremesa, co que afecta a conceptos novos de mobiliario”. Desa investigación, detectáronse as necesidades que se fraguaron nos 48 proxectos desta mostra.

O deseño experimental de vangarda, as ferramentas e técnicas de investigación de tendencias son as bases de traballo desta escola de deseño que, como explica José Ramón Méndez, é única en toda España. Un centro que combina a análise de materiais e o perfil de enxeñeiro que teñen os estudantes, cunha faceta artística que permite crear modelos arriscados de fabricación posible e coa máxima innovación. O exemplo máis claro de I+D aplicado ao moble. Na breve traxectoria, alimentada por un vínculo fluído co sector empresarial, a Escola foi atendendo a diferentes sectores como o do moble, da aeronáutica e teñen feito pequenos proxectos domóticos (introdución de tecnoloxía dixital nos fogares). Unha escola con moito dinamismo porque, como di o seu propio director “todo movemento é pouco, e o peor que nos pode pasar é o inmobilismo”.

Concept Furniture

Concept Furniture

Fonte: Escola Universitaria de Deseño Industrial
Vista da exposición “Concept furniture” (O moble do futuro) presentada na Escola Universitaria de Deseño Industrial.