O Festival Mozart chega ó seu punto forte. Coa representación de "Zaide" e do "Orfeo e EurÃdice" de Gluck A Coruña vivirá catro noites de ópera de calidade. Dentro do programa para esta fin de semana, conta cun aliciente engadido ás propias obras, que é que "Zaide" só se representou unha vez en toda España. E diso hai 13 anos en Madrid coa Ópera de Cámara de Varsovia. De postre, os afeccionados á música teñen o festival de Música de Galicia que comezará o 2 de xullo. Un programa que este ano renderá homenaxe e Giuseppe Verdi.
Ópera de luxo
Desde mañá e ata o vindeiro domingo A Coruña converterase na capital da ópera. E o motivo é a estrada da primeira producción española da obra do compositor salzburgués. Dirixida polo maestro Rinaldo Alessandrini, interpretada pola Sinfónica de Galicia conta coa participación de cinco solistas de elite: Cinzia Forte, que será a esclava cristiana Zaide; o tenor Rokwell Blake será Gomatz, o esclavo que se namora de Zaide; Ovenden fará o papel de Solimán, o sultán que vingará a fuga amorosa de Zaide e Gomatz. Ó seu lado haberá dous solistas españoles, Miquel Ramón, que interpretará o papel dun esclavo ó servicio do sultán; e Federico Gallar, o mercader dos esclavos que se convirte na mada dereita do sultán.
De momento, á falta dun dÃa para a representación xa se levantou abondosa espectación de tal xeito que xa se venderon o 90% das entradas.
Verdi no Obradoiro
A partires do dÃa 2 de xullo, Compostela será o centro musical de Galicia. Superado o tirón do Festival Mozart, a terceira edición do Festival Música de Galicia colle o testigo. Este ano o protagonista do Festival de Música de Galicia é o compositor italiano Giuseppe Verdi. O punto de partida terá lugar dá 2 e na praza do Obradoiro, onde a Orquestra Sinfónica e o Coro de Radiotelevisión Española, dirixidas por Enrique GarcÃa Asensio e Mariano Alfonso. Unha sesión inaugural que conta cun programa doble; a primeira parte "Auga, azucariños e augardente" de Federico Chueca; "Dona Francisquita" de Amadeo Vives, "O tambor de Granadeiros" e "O rei que rabeu" de Ruperto Chapi e "Don Manolito" de Pablo Sorozábal. A segunda parte, aÃnda sen definir estará composta por unha escolma das obras do compositor homenaxeado. Este festival está organizado pola ConsellerÃa de Cultura e Comunicación Social.