A Coruña e Santiago acollen a faceta documentalista de Carlos Velo

Documental re-Velado

O cineasta de Cartelle (Ourense) vai descubrindo novas facetas trece anos despois da súa morte. No ciclo que hoxe comeza en Santiago e A Coruña, "Carlos Velo, mestre do documental", céntrase no seu labor documentalista. Nos ciclos, conferencias e mesas redondas abordarse a súa propostas estética e realista; ademais de proxectarse a proxección da copia restaurada "Romancero marroquí". E o ciclo comeza coa nova do achádego na Filmoteca de Berlín, de sete minutos descoñecidos do seu filme "Castillos de Castilla".


Moitas actividades nun ciclo


Conferencias, mesas redondas e proxeccións conforman o ciclo "Carlos Velo, mestre do documental" que desde hoxe se celebra simultaneamente en Santiago e A Coruña. Unha serie que contará coa presencia da neta do director, a tamén realizadora, Laura Gardós Velo, con Miguel Anxo Fernández, experto na obra do cineasta ourensán, eo director da Filmoteca Nacional. As principais características deste ciclo consisten en centrarse nas dimensións estética e realista dos documentais de Velo, para o que se vai a proxectar unha versión restaurada do seu "Romancero marroquí".
O ciclo comeza hoxe coa presentación do documental "Vieiros" que a súa neta elaborou e que conta cunha entrevista inédita ó cineasta. As proxeccións celebraránse no Salón Teatro de Santiago ás 20:30 horas. E na Coruña as proxeccións realizaranse no CGAI ás 20:15 a partires do mércores.


Berlín e Velo


O investigador e crítico de cine Miguel Anxo Fernández é un experto coñecedor da obra de Carlos Velo. De feito, durante o seu traballo sobre o filme "Pedro Páramo" , para o que elaborou un libro que se presentou no festival de cine de Málaga, Fernández descubreu a existencia dunha copia de "Castilos de Castilla" na Filmoteca de Berlín. Un feito que deu a coñecer ó CGAI que daría pé o achádego de sete minutos descoñecidos da súa obra, nunha versión alemana do filme. "Castillos de Castilla" foi rodada por Velo entre 1935 e 1936, e amosa unha esteticismo do autor á hora de plasmar a realidade e o seu aspecto divulgativo.


Sobre Carlos Velo

Carlos Velo (Cartelle, Ourense, 1909- México D.F., 1988) foi un pioneiro e renovador do documental antes do 1936. No seu haber figura a dirección de numerosos traballos cinematográficos ("Torero", "Pedro Páramo"....), aínda que a súa incursión no documental chegou coa realización da curtametraxe "Galicia" (1935), na que recolle de forma etnográfica a vida dos galegos do interior e da costa. Ademais, a súa figura destaca na participación en numerosas revistas "Saudade" e "Vieiros". Durante o exilio foi presidente do Padroado da Cultura Galega e delegado do Consello da Galiza en México.