Polo seu ritmo áxil, pola calidade da súa linguaxe e por estar construído en escenas e non en sketch, por todos estes motivos o xurado decidiu outorgar o premio de teatro Rafael Dieste a Gustavo Pernas. A obra premiada "Footing" destacou nesta décima edición do certame que contou con trinta participantes. E trinta foi o número de bailaríns e músicos que recrearon en Vigo a historia da bruxa de Cangas do Morrazo María Soliña.
Un premio para a incomunicación
Ademais de sorprender polo seu estilo, a gañadora da X edición do premio de Teatro da Deputación, abraiou con historias cruzadas que recollen a incomunicación de catro personaxes que corren por inercia. "Footing" é segundo o seu autor, Gustavo Pernas, un símbolo da convivencia de culturas e de interese moi dispares que chega a un momento que pode levar á incomunicación.
O premio Rafael Dieste está convocado pola Deputación da Coruña e está dotado con un millón de pesetas, a publicación do libro e a representación da obra (con estrea na Coruña e diferentes actuacións en vilas da provincia coruñesa).
Gustavo Pernas e Ánxela Abalo son os promotores de Áncora Producións, que teñen realizadas algunhas montaxe e traballos "O galego, a mulata e o negro" ou "Ladraremos" co que recibiron o I Premio de Teatro María Casares ó mellor texto dramático orixinal.
O baile de María Soliña
Danza e música déronse cita onte coa maxia e a bruxería. E foi para contar a todos os vigueses a historia de María Soliño, unha muller e nai de mariñeiros que sobreviviu ó ataque que os turcos fixeron á vila de Cangas do Morrazo. Como única supervivinte María Soliño vagou polos camiños e estendeuse a crenza que practicaba bruxería. Por ese motivo a Inquisición dictaminou que como bruxa fose queimada na fogueira. Sen embargo, a condea non se chegou a realizar e no seu lugar foi obrigada a vestir un "sambenito". María Soliño non foi quen de resistir a esa ofensa e morreu ós poucos meses.
E esta historia foi a que representaron os membros da Fundación Mayeusis con coreografía da profesora de Danza de Lisboa, Sandra da Cruz e o compositor de música tradicional galega, Ernesto Campos.