A Coruña e Ferrol son os escenarios polos que están a pasear as cámaras dunha curtametraxe e unha serie. Mentres, e segundo se fixo público o pasado domingo, a ConsellerÃa d eCultura e a Uniersidade de Santiago veñen de asinar un acordo para catalogar o patrimonio cinematográfico galego desde 1897.
Rodaxe curta
Durante a pasada semana as rúas de Ferrol acolleron a rodaxe de "Inútil", a nova curtametraxe de Paco Rañal, autor da recoñecida "Coruña imposible". O equipo de corenta persoas da productora Pórtico estivo nas proximidades do mercado de Carranza e na discoteca Zebra, onde se rodaron as esceas dunha noite de festa. A pelÃcula, que terá unha duración aproximada de vinte minutos, conta a historia de tres estudiantes que, a piques de rematar a carreira, rouban un exame, o que provoca diversas peripecias.
Rodaxe en serie
Pola súa banda, A Coruña tamén recibiu cámaras estes dÃas, máis concretamente as das productoras Faro e VÃa Láctea, que están a realizar unha serie sobre pintores vangardistas galegos e pararon na cidade para filmar varios murais de Urbano LugrÃs. A serie "Pintores da vangarda histórica galega" recolle en trece episodios a figura de trece artistas dos anos trinta entre os que se atopan Maruxa Mallo, Castelao, Seoane, Colmeiro, Laxeiro, Granell ou Maside entre outros. A rodaxe na Coruña parou na cafeterÃa Vecchio e no restaurante Bottega, onde se conservan senllos murais de LugrÃs.
Catalogación
A Universidade de Santiago e a ConsellerÃa de Cultura veñen de asinar un acordo polo que destinan tres millóns e medio de pesetas á catalogación do patrimonio filmográfico galego desde 1897 ata hoxe. Esta catalogación xa se está a realizar desde hai tres anos na sección de cine do departamento de arte da Universidade. Prevese que o resultado deste traballo poida ser consultado na páxina web do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI).s