Hoxe comezan os actos de celebración dos dez anos do CGAI

Dez de noventa

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) cumple dez anos. E que mellor modo para celebralo que cun ciclo de cinema no que se recollen algunhas das produccións máis votadas entre 17 especialistas. Martin Scorsese, Clint Eastwood e as produccións históricas recuperadas conforman o programa deste ciclo conmemorativo.

O mellor dunha década

1991-2001. Este é o período no que o Centro Galego de Artes da Imaxe leva funcionando. E con motivo da celebración do seu aniversario, que se cumplirá o vindeiro día 15 de marzo, organiza o ciclo de cine titulada "O mellor dunha década". As proxeccións responden a unha votación realizada entre 17 especialistas ás mellores produccións; entre as máis votadas destacan "Sei quén es" de Patricia Ferreira (que comeza hoxe ás 20.15 o ciclo e trala súa proxección terá lugar unha mesa redonda. A entrada é gratuita) como longametraxe galega máis votada. "Tren de sombras" de José Luis Guerin como a película española máis votada, "Ó límite" de Martin Scorsese, como director máis votado, "Sen perdón" de Clint Eastwood, como película estranxeira. Ademais tamén se proxectarán restauracións e recuperacións de películas históricas galegas realizadas no propio CGAI. É o caso de produccións como "Botadura de Alfonso XII" (1913), "Tintorería de España" (1929) ou "Escenas de La Coruña" (1930).

Máis ciclos

O Centro Galego de Artes da Imaxe ten previsto realizar, neste mes de marzo, dous ciclos máis. O primeiro deles "Beleza e Crueldade. O cine de de Kenji Mizoguchi", exhibirá seis filmes do director xaponés realizadas entre 1975 e 1954. O segundo ciclo, vai sobre "Ciencia Ficción Europea", orgnaizdo en colaboración con Donostia Kultura, a Filmoteca Vasca e o Institut Valencià de Cinematografía Ricardo Muñoz Suay traerá a Coruña un ciclo de cinco películas nas que destaca "Acción Mutante" (España, 1992), Alphaville (Francia, 1965) ou Barbarella (Francia-Italia, 1968).
Tódalas pelúclas do ciclo proxectaranse en versión orixinal. O prezo da entrada, con carácter xeral custa 200 pesetas, 100 pesetas con carné xove e existe un abono para dez sesións que custa 1.500 pesetas.

Que che parece esta nova?
16 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CGAI, Cine, Centro Galego de Artes da Imaxe, Patricia Ferreira...