O audiovisual galego celebra os AGAPI mentres se discute a Lei do Cine

Festa e reclamacións

Mañá e a grande noite do audiovisual. Setenta e catro nominados e trinta firmas audiovisuais danse cita no Pazo de Congresos da Coruña para facer un repaso da producción do ano e coñecer os gañadores da edición 2000 dos premios da Asociación Galega de Productores Independentes. Mentres tanto, en Madrid discútese a nova Lei do Cine, onde Pancho Casal, de Continental Produccións representa os intereses galegos.

AGAPI


Os nervos están ó máximo. Os premios da Asociación Galega de Productores Independentes (AGAPI) outórganse mañá e son nada menos de que setenta e nove as obras que optan a facerse co galardón nalgunha das dezanove categorías que comprende o premio. Entre elas, a novidade desta edición, o premio á mellor curtametraxe de animación, polo que compiten categoría na que compiten "Doo Dee" (Anna Sitjá , Guadalupe Fernández e Eva de Prado, alumnas do master de creación dixital da Coruña), "Ignotus" (de Lúa Films), "·The Layer show" (Bandúa Producción e Píxel Graphics) e "El gran torneo" ( e da escola de Imaxe e Son de Vigo). Entre as grandes produccións que acaparan nominacións, destaca "O río ten mans", curta que opte a nove galardóns e ó que siguen "O váter susurra" e "Sandra", con cinco nominacións cada unha. En canto a longametraxes, as favoritas son "Divertimento" e "Sei quen és".

Lei do Cine


Pancho Casal, director xeral de Continental Produccións, interviu onte no Congreso dos Deputados, en Madrid, presentando as reclamacións do sector audiovisual galego de cara á vindeira Lei do Cine. Na súa intervención Casal destacou a importancia do sector para transmitir os sinais de identidade peculiares do país. Ademais, reclamou unha maior cota de pantalla nas salas de cine e nas cadeas de televisións para as produccións feitas en España e a necesidade de promocionar máis axeitadamente as produccións estatais como único xeito de competir coa avalancha de peliculas americanas. Outros puntos que tocou na súa intervención foron a necesidade de regulamentar a figura de "productor independente" evitando que baixo este epígrafe se atopen grandes grupos multimedia. Ademais, reclamou un Fondo de Protección á Cinematografía con recursos suficientes e unha limitación ás axudas por productora. Noutro sentido destacou a necesidade de que se valore o custo engadido que supón rodar na periferia do estado, custo que cifrou nun 10% superior ó de rodar en Madrid e Barcelona, e a necesidade de que as axudas estatais teñan en conta esta diferencias. En canto á lingua, Casal defendeu as axudas á dobraxe de películas ás linguas autonómicas e a applicación dun imposto sobre a dobraxe que sufragase o Fondo de Protección á cinematografía.