Logo de que o adiovisual estivese de festa esta semana coa entrega dos premios AGAPI, a fins deste mes será a o teatro o que teña a súa celebración coa gala de entrega dos Premios de Teatro María Casares. Para ir abrindo boca, o festival de teatro universitario comeza hoxe con participantes de varios países.
María Casares
Por quinto ano, a noite do vintesete de marzo será a festa do teatro galego coa entrega dos premios María Casares de Teatro. A gala do teatro Rosalía de Castro, que se emitirá por televisión, será por primeira vez aberta ó público previa retirada de invitación. Os premios, que contan co patrocinio do Concello da Coruña e de AISGE (Autores, Intérpretes Sociedad de Gestión de España), coa colaboración do Instituto Galego de Artes escénicas e musicais. Ademais das trece categorías de que constan os premios, a Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena de Galicia outorgará o seu premio de honra á Asociación Cultural "Abrente" de Rivadavia. Entre os nominados están, na categoría de mellor actriz, Inma Antonio Souto, Mónica Caamaño, Patricia de Lorenzo e Rosa Álvarez. En canto a textos orixinais, compiten Manuel Lourenzo e Roberto Vidal Bolaño, e como mellor actor protagonista están nominados Antonio Durán, Fernando Dacosta e de novo Vidal Bolaño. A votación para escoller todas as categorías realízase, por primeira vez, entre os membros da Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escea.
Festival Internacional
Un total de seis compañías teatrais de diferentes lugares de España, Portugal, Brasil, Venezuela e México participarán do día 12 ó 18 de marzo na séptima edición do Festival Internacional de Teatro Universitario. O festival, que se celebra conxuntamente nos campus de Lugo e de Compostela da Universidade de Santiago, comprende a realización de cursos e obradoiros de teatro e conferencias coma a do autor venezolano Rodolfo Porras sobre teatro e compromiso. Entre as obras que se representarán atópanse clásicos coma "El diablo mundo" de Espronceda, unha adaptación de "Romeo e Xulieta", "O burgués xentilhome" de Moliére e varias obras de Lorca, coma "Bodas de sangre". As representacións terán lugar nos teatros Galán e Principal de Compostela ás oito e as dez e media da noite durante a semana e a partir das nove na fin de semana.