Mellor dirección artística, mellor iluminación e fotografía, mellor montaxe, mellor guión e mellor curtametraxe. Estes son os galardóns que levou a producción "O río ten mans" na nova entrega dos premios da Asociación Galega de Productoras Independentes (AGAPI). A gala, aromatizada polo incienso, gozou dun innegable guiño ós Óscars.
Os gañadores
Os premiados do audiovisual galego na quinta entrega dos AGAPI foron os seguintes; Genma García por mellor dirección artística ("O río ten mans" ), Ricky Morgade por iluminación e fotografía ("O río ten mans" ); Alberto beade e Xosé María Bloch polo Son ("Divertimento"); Carmen de Miguel de Continental na mellor dirección de producción ("Sei quen es"); "El bosque animado" pola mellor Producción multimedia; O "Café Moderno" (de Lúa Films) ó mellor vídeo industrial e institucional; "Mareas vivas" na categoría de producción de televisión; "Mexilón" (Lúa Films) na mellor Producción de publicidade; "Ignotus" (de Tomás Conde e Virginia Curiá) como mellor curta de animación; "O río ten mans" mellor curtametraxe (dirixida por Beatriz del Monte de Portozás Visión); "Chunda, chunda" (de Costa Oeste) como mellor documental; Manuel Balboa pola mellor banda sonora (en "Divertimento); a mellor actriz Cristina Pascual por "Sandra"; Miguel de Lira mellor actor polo seu papel de Currás en "Mareas Vivas"; Jorge Coira mellor director por "Chunda, Chunda"; "Leo" de José Luís Borau na categoría de mellor longametraxe española; "Sei quen es" de Patricia Ferreira levou o premio á mellor longametraxe galega. O premio Fernando Rey recaeu en Miguel Anxo Fernández crítico de La Voz de Galicia. E o Centro Galego de Artes da Imaxe levou o premio José Sellier.
Unha gala, unha odisea
A gala quixo supoñer unha homenaxe á película de Stanley Kubrick, "2001:Unha Odisea do espacio". Por iso, no guión elaborado por Ángel de La Cruz a presentadora, Cristina Saavedra estivo asistida pola computadora Hal-9000. Ademais, o resto da gala tivo un innegable sabor "hollywoodiense", ballet, ópera, música de cámara, parodias e "sketchs" humorísticos sobre políticos completaron esta gala á que asistiron preto dunhas 2.000 persoas.