A lenda artúrica e a ecoloxía postas en escea por toda Galicia

Variedade teatral

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

As representacións teatrais continúan enchendo os espacios de toda Galicia. En Pontevedra a Escola de Idiomas desvelou onte "O enigma do cabaleiro negro"; e un ano despois o "Teatro do Atlántico" volve a Narón para presentar a súa nova obra "Os Papalagui".

Enigmas

O mítico Rei Artur percorreu onte o escenario da Escola de Idiomas de Pontevedra en "O enigma do cabaleiro negro". Unha interpretación libre da mítica lenda segundo a que o Rei Artur é derrotado polo Cabaleiro Negro, que lle perdoa a vida sempre que lle responda a un enigma: ¿cal é a cousa que máis lle gusta ás mulleres?. Unha cuestión que deu pé a múltiples situacións cómicas que engarza o resto da obra.
O grupo de teatro "A mimosa" está organizada polo departamento de Galego da Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra.


Un ano despois

Teatro do Atlántico volve a Narón para presentar "Os Papalagui", un clásico do ecoloxismo dos anos 20. O relato está inspirado no asomo que ocasionan os cartos os reloxos e a cultura occidental no xefe dunha tribu somoana que chega a europa por primeira vez. Unha obra que representarán hoxe ás oito e media e mañás as oito e que está inspirado nun texto real e que foi adaptado por Roberto Vidal Bolaño. "Os Papalagui" apareceron por primeira vez nunda edición alemán dunrante a segunda década do século pasado. En España foi editado pola Revista Integral e en Galicia por Edicións Positivas.

Que che parece esta nova?
15 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Pontevedra, Teatro do Atlántico, Narón...