Os escritores Santiago Jaureguizar e Antón Lopo, xunto ao profesor universitario Luciano Rodríguez participarán este venres en Berlín nunha xornada de celebración do Día das Letras Galegas. As conferencias organizadas polo lectorado de galego da Freie Universität Berlin, en colaboración co Ibero-Amerikanisches Institut de Berlín (IAI) versarán sobre Lorenzo Varela e a proxección exterior da literatura galega actual. O acto, de entrada gratuíta e aberto a todas as persoas interesadas, vai ter lugar na sala Simón Bolívar do IAI na tarde do vindeiro venres, 17 de xuño.
Máis información no sitio do lectorado da Freie Universität







