Na tarde do venres, 3 de xuño, tivo lugar a primeira deliberación dos xurados dos premios Merlín e Xerais convocados por Edicións Xerais. Por decisión dos correspondentes xurados quedan tres finalistas en cada unha das categorías. Das trinta e unha obras participantes no premio Xerais de novela as obras presentadas baixo os lemas Herba Moura, O club da calcetae Orza a babor foron declaradas finalistas. No premio Merlín de literatura infantil e xuvenil foron Lúa nova, A serpe e Ciconia as obras que pasan á final entre as vinte e sete obras presentadas. O fallo definitivo anunciarase o sábado 11 de xuño no acto literario-musical e posterior romaría, que terá lugar nas Illas de San Simón e San Antón, no fondo da Ría de Vigo. No evento, que acollerá máis de 300 persoas representativas do mundo cultural, social e político de Galicia, fallarase, ademais, a IX edición do Premio Xerais á cooperación no labor editorial.







