Unha homenaxe ao Merlín e Familia de Cunqueiro, dará saída o día dous de xuño aos II Diálogos Literarios que a Fundación Casares organiza no pazo de Mariñán. Ademais deste acto trataranse cuestións coma os problemas da tradución e de editar poesía. A literatura e a violencia ou a experiencia de autores galegos preto do Mediterráneo son algúns dos temas que se debaterán neste encontro, ao que acudirán persoeiros da cultura coma Luís González Tosar, Miguel Anxo Fernán Vello ou María do Cebreiro, Xosé Miranda, Tucho Calvo, Susana Fortes ou Arcadio López-Casanova.
Máis información en Galicia Hoxe e en La voz de Galicia







