A presenza galega na Feira do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña está a bater marcas este ano. Marilar Aleixandre e Agustín Fernández Paz son os autores galegos que participan na representación de dez autores que o Ministerio de Cultura convidou a participar no evento. Tamén as editoriais Xerais e Kalandraka participarán neste evento. Canda a elas, os ilustradores Óscar Villán, Xosé Cobas, Xan López Domínguez e Kiko da Silva completan a nómina galega. Precisamente o último libro de Kiko da Silva ¿Que contan as ovellas para durmir? foi elixido para figurar na prestixiosa lista White Ravens de libros para rpaaces, que tamén incluíu O brindo de ouro de Xesús Marcos.
Máis información en La Voz de Galicia







