Logo de oito anos de silenzo Fernán-Vello (Cospeito, 1958) volveu a aparecer nas librerías con Territorio da desaparición. A mesma obra coa que vén de gañar o Premio da Crítica Española en lingua galega no apartado poético e que na narrativa foi para Xesús Constenla (Ferrol, 1963) polo seu libro de relatos As humanas proporcións. Pero esta fin de semana tamén se fallou o premio da Fundación Caixa Galicia Rúa Nova 33 para narracións xuvenís dotado con 1.500 euros. O xurado premiou a obra de Daniel Ovalle Costal (Pontevedra, 1988) titulada Ladrón de luva branca mentres que Loreto Ares Arroio (Pozuelo de Alarcón, 1989) gañou a edición en español por Mirábamos las estrellas.
Máis información no sobre os Premios da Crítica en La Voz de Galicia e La Opinión e sobre o Rúa Nova 33 en El Correo Gallego







