Esta fin de semana coñecéronse os premios Irmandade do Libro. Uns galardóns que concede a Federación de Libreiros e que foron para o IGAEM (no apartado de institución) para a o microespazo literario que ten o Telexornal da TVG (no apartado de medios de comunicación) para a libraría Librouro de Vigo, para o centro Sánchez Cantón de Pontevedra e para Antón Costa polo seu ensaio Historia da educación e da cultura en Galicia. Pero non foi o único premio que se soubo esta fin de semana, Blanca Riestra (A Coruña, 1970) fíxose coa XXVII edición do Tigre Juan pola súa obra O soño de Borgues e Isidro Novo cos 6.000 euros que ten o Premio Vicente Risco pola súa obra Un escuro rumor tralo silenzo. Por último, mañá martes a ministra de Cultura, Carme Calvo presidirá en Lugo o acto de entrega dos premios nacionais de literatura correspondentes ao ano 2004.
Máis información sobre o premio Irmandade do Libro en Galicia Hoxe; sobre o premio Vicente Risco en Ya.com en sobre o Tigre Juan en Terra.es







