Diferentes actos repartidos por todo o país celebran mañá do Día do Libro Infantil e Xuvenil. GALIX, a asociación galega dedicada a este ámbito organiza diferentes actividades coma lecturas de contos ou presentacións en galegos de O traxe novo do emperador de Hans Christian Andersen no local de El Corte Inglés de Santiago de Compostela. A mascota do programa Xabarín Club participará tamén nestes actos de celebración , repartiranse libros para nenos en hospitais e organizaranse contacontos por todo o país, así coma un maratón de lectura na sede da Fundación Granell.
Máis información en Galicia Hoxe







