Organizada durante o mes de abril polo Concello de Santiago, Sargadelos e a editorial Kalandraka a quinta Campaña de Animación á Lectura espera superar a participación de catro mil cincocentos escolares do pasado ano. Coa galería Sargadelos como sede principal a programación desenvolverase arredor do lema Palabras no bosque. Unha exposición de ilustracións, sesións de contacontos, obradoiros e charlas para pais e profesores conforman a proposta entre o 1 e o 30 de abril.
Máis información no Concello de Santiago







