Un percorrido por Outeiro de Rei e un acto literario no auditorio de Vilalba forman parte do programa co que doce colectivos da provincia queren homenaxear ao escritor Manuel María (1929 -2004) . O día dous de abril, baixo o título Leva unha rosa a Outeiro. Viaxando con Manuel María terá lugar un acto que contará con dúas partes diferenciadas. A primeira pretende realizar un itinerario que comezará coa lectura dun manifesto e varias paradas no campo de Santa Isabel. A segunda parte, titulada Peregrinaxes consiste na proxección dun vídeo con imaxes das viaxes que Manuel María fixo por Francia, Bretaña, Gracia e Italia.
Máis información na edición de hoxe de El Progreso e sobre Manuel María na súa ficha en LG3







