No transcurso dunha conferencia na Aula de Caixa Galicia de Lugo o escritor Juan Manuel de Prada confirmou que o acto de entrega dos premios nacionais de literatura do 2004 farase en Lugo. Prada, que foi recoñecido na modalidade de narrativa pola obra La vida invisible (Espasa), recollerá o seu premio o cinco de abril no Circulo das Artes como tamén farán o resto dos premiados nun acto presidido pola ministra de Cultura, Carmen Calvo. Entre os galardoados no resto das modalidades do premio está a poeta Chantal Maillard, o filósofo Javier Gomá, o dramaturgo Sanchís Sinisterra, o historiador Julio Valdeón e o escritor Gustavo Martín Garzo, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.
Máis información en El Progreso







