A corporación municipal de Monterroso aprobou este xoves por unanimidade dúas propostas da alcaldía referentes ao intelectual monterrosino Lorenzo Varela, homenaxeado este ano co Día das Letras Galegas. Por estes acordos a biblioteca pública da localidade levará o nome do poeta e presentarase ao Concello de Lugo unha solicitude para que este dedique unha rúa ou praza a Lorenzo Varela. O concello de Monterroso presentará o día 3 de febreiro a súa comisión encargada do programa de actividades para este ano dedicado a Lorenzo Varela e tamén fará pública unha edición facsimilar do libro Catro poemas para catro gravados(Boas Aires, 1944) do homenaxeado.
Máis información de Lorenzo Varela na BVG







