Reunido en Baiona, o xurado da IV edición do Premio de Traducción a obras traducidas e publicadas na Biblioteca Virtual Bivir.com, que convoca a Fundación Plácido Castro, concedeu o galardón ex aequo a Xela Arias e Moisés Rodríguez Barcia. A Xela Arias pola tradución de O Spleen de Paris de Baudelaire e a Moisés Rodríguez Barcia, actual coordinador do Cartafol de Libros de Vieiros, pola tradución de Do asasinato considerado como unha das belas artes de Thomas de Quincey. O premio será entregado o 28 de xaneiro en Vilagarcía. Igualmente, a Fundación convoca en Vigo a VI Conferencia Anual Plácido Castro que se celebrará o próximo 25 de xaneiro na Casa Galega da Cultura, para abordar o significado de Plácido Castro no panorama da tradución en Galicia.
Máis información en Vieiros
e as obras premiadas en Bivir







