Trinta e oito autores galegos representados en 338 poemas compoñen a antoloxía Poetas galegos do século XX, seleccionada por Luciano Rodríguez e que acaba de publicar Espiral Maior. Desde Antonio Noriega Varela ata Miguel Anxo Fernán-Vello, os poemas ofertan unha panorámica por un século de produción poética. Mentres, a Fundación Valle-Inclán acaba de publicar Anacos valleinclanianos, un libro que recolle todos os artigos xornalísticos escritos por Raimundo García, Borobó, ao longo da súa extensa carreira.
Máis información en El Correo Gallego sobre a antoloxía poética; sobre os artigos de Borobó







