O gañador do Premio BIblos de Creación Literaria, que pasará un mes nunha casa de turismo rural desenvolvendo o seu proxecto de novela, contará coa tutela de Xosé Luís Méndez Ferrín. O coñecido escritor ourensán será o encargado de analizar e discutir co gañador as súas ideas sobre a obra para o desenvolver nunha obra acabada. Mentres, coñeceuse que a escolma De tots els vents, que recolle en catalán obras de autores universais, incluirá catro cantigas de Martim Codax e un poema de Miguel Anxo Fernán Vello dedicado a Basilio Losada na súa selección.
Máis información sobre o premio Biblos en Biblosclube.com; sobre a escolma en Galicia Hoxe







