6.000 vocablos e debuxos compoñen o Dicionario Visual da Construción. O volume, que foi coordinado polo arquitecto do colexio lucense, Alberte González, é unha iniciativa do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), en colaboración coa Dirección Xeral de Política Lingüística. Con este exemplar, a Dirección Xeral de Política Lingüística continúa achegándose ao argot profesional, como xa fixera coa psicoloxía, a educación ou a medicina.
Máis información en La Voz de Galicia







