Dous premios literarios falláronse nesta fin de semana, un de nova implantación e outro de longo tradición. A décimo sétima edición do Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón concluíu con Lupe Gómez como gañadora coa obra Azul estranxeira. A escritora de Fisteus (Curtis) levou o recoñecemento do xurado e os 2300 euros do premio concedido polo Concello de Dodro. Na primeira edición do premio Xulián Magariños de novela curta foi a escritora An Alfaya quen conseguiu gañar coa obra Matei un home os 1500 euros do premio que convoca o Concello de Negreira e patrocina a Fundación Feiraco.
Máis información en Galicia Hoxe







