Os actos cos que o Pen Clube reivindicou onte a Eduardo Blanco Amor no seu vinte e cinco cabodano serviron para que este colectivo anunciase a celebración dun acto anual en memoria deste autor. Ademais, a Deputación de Ourense anunciou que publicará unha edición sen límite de exemplares na obra A esmorga. Coincidindo con esta data, o Colectivo Gai de Compostela e Bolleiras de Galicia publicaron un manifesto no que reivindican o escritor coma o primeiro escritor galego da época moderna que asumiu claramente a súa homosexualidade.
Máis información en Galicia Hoxe e en La Voz de Galicia







